Páginas

domingo, 27 de mayo de 2012

PROGRAMA DA RADIO GALEGA NO PARLAMENTO DE GALICIA.

O sábado 25 de maio Iago , María e Xulia tiveron a sorte de participar en directo no programa da RADIO GALEGA : SOMOS QUEN.


Emitiuse dende o Parlamento de Galicia baixo a dirección e presentación de Mª José Rodríguez e Carlos Tresandi.

LETRAS GALEGAS 2012: Video dos profes

Como xa sabedes, este ano pola festa das letras todos os cursos realizaron un video sobre a nosa lingua. Os profes tamén quixemos facer o noso. Aquí volo deixo, espero que vos guste!!

lunes, 21 de mayo de 2012

2º PREMIO DO PARLAMENTO DE GALICIA.

Iago Arias, Xulia Díaz e María López acadaron un  premio no segundo concurso do Parlamento de Galicia. PARABÉNS !!!!



Estudantes de Pontevedra e Lugo son os gañadores da segunda edición do Concurso Escolar do Parlamento de Galicia

• 606 alumnos pertencentes a 49 centros educativos participaron nas modalidades de debuxo/pintura, redacción e expresión libre
• Alumnos do IES Anxel Fole de Lugo gañan en dúas categorías
• A entrega de premios celebrarase o vindeiro 4 de xuño

Santiago, 21 de maio de 2012.- O xurado do Concurso Escolar 2011-2012: “O parlamento de Galicia: a túa casa. A casa de todos os galegos e as galegas” acordou, por unanimidade, a concesión dos premios dos gañadores e finalistas nesta nova edición.
Os alumnos gañadores na modalidade de debuxo/pintura están escolarizados no CEE PRÍNCIPE FELIPE, de Pontevedra. Nas categorías de redacción e de expresión libre gañaron alumnos pertencentes ao IES ANXEL FOLE, de Lugo.  Os alumnos finalistas cursan estudos no CPR A MERCED, de Sarria (Lugo); no IES EDUARDO BLANCO AMOR, de Culleredo (A Coruña) e no IES ILLA DE TAMBO, de Marín (Pontevedra)
A entrega de premios terá lugar o vindeiro 4 de xuño no Parlamento de Galicia.

Gañadores e finalistas
• Concurso de debuxo/pintura:
Alumnos/as do grupo gañador: Javier García Montojo, María Pereira Carpintero e Fátima Blanco Sarandeses(doc. núm. 80142.1)
-Clase: 4º B de 1º ciclo de educación especial
-Profesora que supervisou o traballo: Dª Susana Grandal Vizoso
-Centro educativo:  CEE PRÍNCIPE FELIPE (Pontevedra)
Alumnos/as do grupo finalista: Iago Arias Felices, Xulia Díaz Barreal e María López Sánchez (doc. núm. 80766) (alumnos/as de 2º de educación primaria do CPR A MERCED de Sarria.Lugo)
• Concurso de redacción:
Alumnos do grupo gañador: Gabriel Balea Martínez, Omar Campos Cascudo, Manuel Doel Carreira e Alejandro Martínez Ferreiro (doc. núm. 80932.6 )
- Clase: 2º C de ESO
- Profesor que supervisou o traballo do: D. Xosé Graña Núñez
- Centro educativo:  IES ANXEL FOLE (Lugo)
Alumnos/as do grupo finalista: Celia Acción de la Iglesia, Pablo Francos Sánchez e Facundo Teijeira Silva (doc. núm. 80848.3)( alumnos/as de 2º G de ESO do IES EDUARDO BLANCO AMOR de Culleredo. A Coruña)
• Concurso de expresión libre:
Alumnas do grupo gañador:  Beatríz Calistre Fernández, Nerea Sangiao Espiño, Iria Mª Souto Grande, Rut Pena Iglesias e Mar Carmen Quintana Senín (doc. núm. 80932.4)
- Clase: 3º C  de ESO
- Profesor que supervisou o traballo: D.Vicente Gutiérrez Pascual
- Centro educativo: IES ÁNXEL FOLE (Lugo)
Alumnos do grupo finalista: Guillermo Rodríguez García e José Santiago Estévez (doc. núm. 80855.1)(alumnos/as de 4º A de ESO do IES ILLA DE TAMBO Marín. Pontevedra)
PremiosCada un dos alumnos gañadores do concurso de debuxo e pintura recibirá unha consola, un xogo sobre a arte de pintar e un lote de libros. Os gañadores dos concursos de redacción e de expresión libre serán premiados cun ordenador portátil e un lote de libros.
A clase de cada grupo gañador será premiada cunha excursión de carácter educativo para visitar un lugar significativo de Galicia na data que decida o centro. Cada un dos profesores coordinadores dos traballos gañadores terán como premio unha táboa dixital.

Ademais, os centros educativos dos equipos gañadores recibirán 2.000 euros para destinar á organización de actividades extraescolares ou actividades da biblioteca escolar.
Xurado institucionalO xurado encargado de seleccionar os traballos gañadores estivo presidido polo o vicepresidente primeiro da Cámara, Miguel Santalices Vieira; e tamén formaron parte del a presidenta da Comisión 4ª, Educación e Cultura, Marisol Piñeiro (por delegación da presidenta do Parlamento); o vicepresidente segundo, Francisco Cerviño González; a deputada Teresa Villaverde Pais (por delegación do secretario da Mesa do Parlamento, José Manuel Balseiro), a vicesecretaria da Mesa, Carme Adán Vilamarín; e o profesor Xosé Manuel Rosales Noves, designado pola presidenta do Parlamento na súa condición de docente.

miércoles, 16 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012

VIDEO REALIZADO POLOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 2º EP

LETRAS GALEGAS 2012

VIDEO REALIZADO POLOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º EP.
Adicado a Xavi e Olaia que non puideron estar o día que o fixemos.

lunes, 14 de mayo de 2012

15 de maio: Día internacional das familias

Paréceme que hoxe é un día importante, dicir FAMILIA é dicir algo moi grande. É a primeira referencia que sempre teñen os nenos, dende moi cativos, e a familia vainos acompañar durante toda a vida. 
Por eso aproveito para felicitar a todas as familias dos nosos alumnos e alumnas... porque sodes moi importantes para eles, e por tanto tamén para nós. 

Dende aquí o meu desexo para que sempre haxa unha ponte tendida para unir ámbolos dous camiños: FAMILIA e ESCOLA.

FELICIDADES FAMILIAS!!

domingo, 13 de mayo de 2012

lunes, 7 de mayo de 2012

6 de mayo: San Pedro Nolasco


Hoy fue un día muy especial en nuestro cole, celebramos San Pedro Nolasco.

Él fue el primer fraile mercedario y fundó la Orden de la Merced. 

Durante toda esta semana fuimos aprendiendo muchas cosas sobre él y hoy hicimos una pequeña oración en la iglesia.

Pero lo más importante de todo es intentar parecernos a San Pedro Nolasco intentando ayudar siempre a los que tenemos alrededor.


domingo, 6 de mayo de 2012

sábado, 5 de mayo de 2012

OS NOSOS PEIXES

http://www.galiciaespallada.com.ar/peixes.htm

jueves, 3 de mayo de 2012

17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS. http://dl.dropbox.com/u/22375373/JCLIC/letrasgal/index.htm