Páginas

domingo, 30 de noviembre de 2014

Traballando cos EUROS

En matemáticas estamos a traballar o manexo das moedas... mellor de forma práctica, sen dúbida!!




Dixestión e alimentación (2º EP coñecemento do medio)

Para repasar o tema do aparato dixestivo e dos alimentos podedes pinchar nestes enlaces:
SUPER SABER
PUZZLE APARATO DIXESTIVO
VEDOQUE OS ALIMENTOS

lunes, 24 de noviembre de 2014

PROXECTO:CASAS DO MUNDO. CIENCIAS SOCIAIS(1º)

Se queredes descubrir máis cousiñas sobre as casas...pincha aquí.

jueves, 20 de noviembre de 2014

SAÍDA DE OUTONO

Hoxe os nenos e nenas de 1º fixeron unha saída moi especial ao bosque do cole: compartiron risas, xogaron, cantaron...Todo iso baixo unha colorida chuvia de follas...Ah! e tamén apañaron mazás...Moi pronto vos contaremos o que fixeron con elas!!!

















POEMAS DE OUTONO

O outono petou na nosa porta e os nenos e nenas de 1º e 2º quixemos facerlle unha pequena homenaxe con estes fermosos murais nos que recollemos os poemas, ditos e refráns que recompilamos nas nosas casas...Dende aquí queremos agradecer a colaboración das familias!!!






lunes, 17 de noviembre de 2014

CORITO CHICHIGUA

En nuestras clases somos "superfans" del Corito Chichigua.
Nos encantó conocer al Padre Santi y que nos contase tantas cosas del corito y de los niños Limpiabotas.
Desde aquí mandamos un beso muy grande a todos los niños y niñas del corito... ¡¡Gracias por vuestras canciones, por vuestras sonrisas!! ¡¡Nos encantan!!


También nos gustó mucho la canción "Si todo es de todos"

A LÚA... resultado final...Proxecto: "Ser luz para os demais" 2º EP

Despois de moitos días traballando sobre a Lúa xa podemos publicar o resultado do noso traballo.
Esperamos que vos guste e disfrutedes tanto coma nós.
Os auténticos artistas son todos os nenos e nenas de 2º EP... sodes xeniais!!

domingo, 16 de noviembre de 2014

SAMAÍN - HALLOWEEN

Con un pouquiño de retraso aquí vos deixamos este pequeno montaxe do que foi a nosa saída pola rúa para celebrar o Samaín.

Queremos aproveitar para dar as GRAZAS a todos os establecementos e persoas que colaboraron con nós. Tamén a todos os que participaron cos outros grupos de Ed. Primaria...

MOITAS, MOITÍSIMAS GRAZAS!!

Mandámoslle un bico a Conchita, a nosa amiga da rúa Maior, por querer ter ese fermoso detalle con nós... Graciñas!!

viernes, 14 de noviembre de 2014

CASAS DO MUNDO (Ciencias Sociais 1º)

En 1º estamos a traballar o proxecto das casas do mundo. Se queredes seguir investigando máis cousas pincha aquí:
XOGAMOS COAS CASAS


jueves, 6 de noviembre de 2014

UN ADELANTO DE SAMAÍN-HALLOWEEN

Deixámosvos esta fotiña do que foi a festa de Samaín-Halloween.
 En breve un video cos mellores momentos!! 
 Un pouquiño de paciencia!!