24 de febreiro de 2012.
175 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO.
VAMOS BEBENDO.
-Teño tres pitas brancas
e un galo negro,
que han de poñer bos ovos
andando o tempo.
Hei de vendelos caros
polo xaneiro,
hei de xuntalos cartos
para un mantelo;
heino de levar posto
no casamento,
hei...-Pois mira, Marica,
vai por un neto,
que antramentras non quitas
eses cerellos,
as pitas van medrando
co galo negro,
para poñelos ovos,
e todo aquelo
do xaneiro, dos cartos
i o casamento,
miña prenda da ialma,
vamos bebendo . Rosalía –Follas novas.
1 comentario:
Emin gusteme moito o poema.
Publicar un comentario