Páginas

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Neste Nadal... Participa!!

Como ben sabedes os nenos e nenas do 1º ciclo de primaria sodes os verdadeiros protagonistas do blog “MERCEDINES”. 
Estamos na rede dende hai xa máis dun ano e seguimos con moita ilusión. Pretendemos que sexa un lugar para compartir experiencias da aula e unha páxina que lles interese aos nenos e nenas. Un espazo que ten sentido “por e para eles”

Neste Nadal, como o ano pasado, propoñemos que as familias enviedes unha FOTO do voso Portal de Belén ou da vosa árbore de Nadal, se queredes podedes sair na foto. Acompañando a foto debedes ESCRIBIR o que queredes que apareza no blog, presentando a vosa árbore ou nacemento, felicitando o Nadal, o que vós queirades. 

Como sempre é unha aportación de carácter voluntario, pero que aos nenos lles fai moita ilusión, xa que este ano pedían volver a facelo. 

Se queredes participar enviade a vosa FOTO e o voso TEXTO acompañando a foto á seguinte dirección de correo:  mercedines1@gmail.com 

Prometemos publicar todas as fotos e o texto en canto poidamos. 
Recordade que sempre podedes poñer comentarios.

3 comentarios:

Paula de 2º dijo...

Aja vale tenseme que acordar todo eso
vale!!!!!!Tamen o festival de Nadal o
do ano pasado que tamen foi moi
guaaaaaaaaaaaaaaai!!!!!!!!!!

LAURA dijo...

!Que sorte teñen os de primeiro porque gañaron o concurso de Belenes¡

Paula de 2º dijo...

Moita sorte Laura!!!!!